Venres 26 de Xuño do 2009
Histoire(s) du cinema

Na imaxe Harun Farocki
Escolio
O retrato trata de achegar unha idea da didactica, ao traer ata aqui
a Harun Farocki traemos a todo o pensamento marxista. É por iso entre
outras moitas cousas que necesitamos visualizar unha e outra vez os seus
filmes, pois traen paz e concreción.
Escribiu: Elisa ás 05:19:36
Martes 23 de Xuño do 2009
DE CORPOS E PALABRAS.Tendencias escénicas para o século XXI. 20 anos de teatro contemporáneo na Galiza. (1989-2009) - escrita(s)*******
SECUENCIA PRIMEIRA os campos da vida
Están, - fronte ao mar, nun campeiro no que agroman as malas herbas facendo un hábitat impresionante para a propagación dos caracois por mor das chuvias de abril as que foran tosquiadas. Reflexionan sobre as interrupcións dos fluxos.
• as interrupcións do fluxo
• falas do canto dos paxaros
• non do bruído que menten os corta céspedes
• logo, tes pensado algunha viaxe para os próximos días
• non, penso nas interrupcións dos fluxos
• nos ritornelos
• en Brigitte Bardo
• pero o lugar que ocupa a forza de traballo é algo pasado de moda
• quizás sexa algo que temos esquecido, pero non a lei que o afirma, a lei a sentimos na carne.
• aínda que as dúas fosemos tosquiadas antes do sacrificio?
• as coincidencias repiten un lugar xa visitado pero diferente
• logo así non hai coincidencias
• non só hai repeticións e interrupcións do fluxo para que estas podan sentarse á mesa e almorzar con nosoutras
• baixo o parasol
• baixo o parasol
Vai vento os caracois retíranse cara o dentro das espirais, as que foran tosquiadas rematan a parolada.
• o final das nosas vidas foi violenta.
• si non cabe dubida, pero o foi porque molestabamos
• si, por que lle molestabamos aos amos, aos patróns, aos curas
• si por que lles molestabamos
• mira saltan os arroaces
• si
FIN
SECUENCIA SEGUNDA os campos de traballo
Faise de día aparecen o sol o día prestase para ir á praia, pero ahi algo que ás deten no seu posto de traballo. Falan a e b traballadoras de caramelo
- pero ti saber, non sabes moito acerca do teatro galego ?
- non sei a que te refires.
- ao lugar que ocupa dentro da estética contemporánea
- logo así, pensas no teatro da crueldade, no sentido que Bertol Brecht lle deu a implicación do público nos intersticios do capital, na detención das mercadorias.
- eu sempre pensei que B.B. fora unha muller, unha construcción que unha vez comunicada foi negada pola ideoloxia R.F.A.
- imaxino a Manuel Lourenzo de muller e así mesmo de vanpiro.
- de vanpiro xa se fotografara na paxina web do Teatro Bruto.
- así os vinte últimos anos, para unha muller, para un vanpiro, para un arroas...
- acordo un tempo no que as tres viviamos nun campo de golf, o campo non representaba máis nada que un campo.
- algo recorda no que dis as operacións do grupo de accion matarile.
- pois
- parece que xa non hai que quitar o petroleo das penedas.
- unha muller, un vanpiro, unha praia.
FIN
SECUENCIA TERCEIRA os campos semioticos
el, ela, ela-el, Roi,Antela.
Os tres primeiros programadores de parasoles, falan sobre o clima. Entanto, Roi e Antela pasean, camiñan cara a un lugar que polo de agora nós é descoñecido.
Di el chove
Di ela en efecto, chove
Di el ata que es-cam-pe
Di ela en efecto ata que escampe
Di el no piso paro pouco
Di ela en efecto onde máis nos vemos é na casa, no sofá da casa
Di el chove pero aínda á continxencia imos para a praia
Di ela en efecto temos un parasol que reproduce días soleados
Di el sae o sol o teatro detense ante o absurdo dos pipotes da regasificadora
Di ela sae o sol o teatro detense ante as loitas obreiras do ano 1972 no Ferrol en Vigo
Di el-ela no parasol que temos no sofá da casa reprodúcense as loitas obreiras do ano 1972 en Vigo en Ferrol
Di ela-el nos últimos vinte anos ten mutado bastante o parasol, algúns críticos falan dun paraugas, mutado o paraugas, tamén en todo caso - mutado todo, en todo caso, case todo...
Di el teríame gustado interpretar calquera dos mozos que din o texto de Heiner Müller, HANLHET- MAXINE
Di ela ata que escampe, AS CRIADAS...
Di ela-el é tan fermoso pasear polo sofá e que a auga da chuvia esvare polos nosos corpos
Di el ata que escampe
Di ela-el o sofá xa deixou de ser sofá para ser nube
Di ela sempre nos imos de tema sempre saltamos de campo
Di el campo semiótico, campo de golf, campo de traballo, ao fin campos...
Di ela-el chegan ROI E ANTELA
Di el pecha o parasol e para o surtidor da auga
Di ela a praia non para de medrar na memoria
Di el a memoria os narcóticos
Di ela a policía
Di el a memoria
Entran Roi e antela, Roi viste a maneira de casa –sombreiro os tomos do teatro CRITICO do pai Benito Feixoo, polo que resta vai espido. Antela non representa o pasado da lagoa é a lagoa, tamén camiña espida, as dúas camiña deica a nós.
Antela ............. chove
Roi ............. en efecto, ata que escampe.
FIN
DE CORPOS E PALABRAS.Tendencias escénicas para o século XXI. 20 anos de teatro contemporáneo na Galiza. (1989-2009)
Roi Vidal
Tratarei de investigar cales son as características que definen a estética contemporánea no teatro occidental e como esta estética ten ou non repercusión aceptación e seguimento nas compañáis e públicos do sistema teatral galego.
algúns tags:
comtemporáneo, novas tecnoloxías, teatro posdramático, corporeidade, Matarile, política, metateatralidade, crise da personaxe, posta en escena, interdisciplinariedade, estética da imaxe, posmodernidade, relectura, teatro total, participación, teatro alternativo.
Escribiu: Elisa ás 03:30:06
Xoves 18 de Xuño do 2009
10.47 - campos de vida

SECUENCIA
a e b mudan o areal de Conbouzas polas naves que acollen a protesta d*s traballador*s, maiormente femininas da empresa téxtil caradura.caramelo.
o seu cabreo coincide ca meditación que onte tiveron nunha conversa ao redor da situación precarizada do sector do metal en Vigo.
a e b falan con rober bass e leo.
- a cousa esta fodida a patronal logo así como sempre apoiada polo sistema e neste caso polo goberno neo-fascista da xunta de Galicia ten idea de non ceder.
- o asunto que vibra tras a suposta negociación que pensamos (é un paripe, no sentido en que todos os anos a patronal negocia para non perder dereitos en definitiva CARTOS E PODER) é o DESMANTELAMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO SEGUIDA DA MUTACIÓN DA FORZA DE TRABALLO, a mutación prevé a incorporación de forza de traballo migrante en concreto lituana así como a deslocación de parte da PRODUCCIÓN.
- Neste mesmo sentido pero noutra dirección esta a deslocalización da producción do téxtil deslocalización quen nós leva á China post-maoista e a Portugal ou Marrocos...
- as saídas son poucas
- si pero sempre hai que ter nos miolos que toda loita gañase cando se comeza, que máis ala dos resultados queda sempre un rastro dos coidados.
- dos coidados cos que agasallamos as situación duras e limites, cos que nos agasallamos as unha as outras, pois a vida vai máis ala da forza de traballo alienado.
link
Escribiu: Elisa ás 03:57:52
Venres 12 de Xuño do 2009
Coma un can sen dono. Escrita curricular. escrita(s)******
The End
“FRENTE AO PÚBLICO NON SE DEBERÍA SER COMPLACENTE, SE NON SEMPRE PROVOCADOR”
RAINER WERNER FASSBINDER
notas ao
CADERNO AZUL
por Elisa

No soy de nadie no tengo dueño.
Leo e Rober vagabundos cando novos, miran para as cousas pequenas do mundo.
Hai 20 anos, eu tiña 20 anos. Era un weekender.
1.
entrevistas / extractos
Estas escrituras, veñen nos diarios da forma que explicamos, entón, cada pouco hai sobre as paxinas do caderno azul extractos de prensa especializada en arte, e prensa comunista, onde Rober e máis Leo foron entrevistados. Os subliñados fan marca sobre os títulos que escollemos dalgúns filmes de Fassbinder de xeito que se comuniquen co dicir de Rober e Leo. Facemos logo aquí un exercicio deconstructivo do propio caderno azul.
O amor é máis frío ca morte (24/08/2008)
“Do que facemos crítica neste momento é que a xente, por exemplo, se case, que a xente traia criaturas ao mundo sen sentido, sen pensalo. Ou que a xente opine que hai que amarse por esta o aquela razón, a pesar de que non teñen nin idea do que significa aquelo de querer a alguén.”
O soldado americano (01/07/2009)
“Mostramos que a violencia do Estado finalmente vence a violencia dos gángsters, e ademais, no principio, con exactamente o mesmos métodos.”
Atención a esa puta tan querida (27/12/2008)
“Si, sabiámolo as dúas dende os doce anos, non tiñamos ningunha dubida que iamos acabar xuntas.”
Viaxe a felicidade de Mamá Küster (17/05/2009)
“A verdade e que levabamos tempo se producir, escasamente traballamos de cara ao exterior, pero tiñamos moitas ganas de vir aquí.
A nosa actividade a máis dos nosos estudios, centrase no cotián e no activismo político directo. Cousas que dada a percepción que temos da vida comunincansen por infinitude de intersticios. Por outra banda a nosa presencia na rede non difire moito da nosa presencia no balcón da casa, O político o entendemos logo como parte da nosa intimidade.”
A lei do mais forte (17/05/09)
Para nós a idea de felicidade non implica ningún absoluto, por outra banda ningún logro do complexo animal-humano o é. Claro este asunto, entendemos a nosa vida non como unha búsqueda de algo, non, sinxelamente un vivir os sucesivos es. As cousas están en continua fuga, en continua guerra de guerrillas, nós con elas e elas con nós, aquí é onde lle damos sentido(s) a idea de felicidade, no disparatado e se queredes no monstruoso das fugas infinitas do real.
Supomos que a felicidade funciona deste xeito, as mutacións da pel, o re-coñecemto dos ollos dun calquera un corte no dedo mainiño do pe esquerdo un día de praia...
Leo: unha idea que eu podo ter sobre a felicidade é o retrato de Leonardo – Duchamp: o bigote, a perilla desta fermosura de muller pintada.
Rober: rindo e cantando, la felicidad ja ja ja, me la dio tu amor, jo jo jo.
As amargas bagoas de Petra von Kant (17/05/2009)
Ao respecto das relacións am* - escrav* no mesmo sentido en que apuntamos acerca da felicidade, e incluso podemos apuntar respecto á sexualidade. Afirmamos que o substrato que vive hai estercado por unhas determinadas relacións de producción, é sempre un substrato metafísico. Logo así compre unha potentísima deconstrucción, unha revolución dos corpos e das intelixencias.
07 abril 2009
O que máis nos interesa de Genet son os corpos, máis tamén a súa propia experiencia de vida, a súa resistencia o como el puido entender a idea da revolución.
Non, non nós cabe a menor dubida a Pasolini o asasinou o estado o vaticano e a mafia, outra volta os medios violentos contra un corpo -signo.
De Mishima o que máis amamos e a LUZ.
Warhol era un ser fermosísimo dentro desa aparente infinita debilidade agochábase unha intelixencia grande, moi grande; unha eternidade.
01 maio 2007
Leo escribe sobre o asunto do que lle deu conta Ana no bar Xinzo,
Efectivamente fora así, a causa do exilio político da cantante de Soul Nina Simone, fora a súa confrontación directa contra o goberno dos estados unidos de América pola intervención daquel en Vietnam.
Leo comenta con Rober o caso das actrices e as cantantes en xeneral.
BULMA CHAN – ROCK HUSSON - GRETA GARBO – ROI VIDAL
ALASKA - SPITIN AIDS - NINA SIMONE – MANUEL LOURENZO
DAVID BOWIE - PALOMA CHAMORRO - JENNY TRIPAS – MICHEL FAUCOULT
AS LAURAS – DIANE ARBUS - ANA SALGADO - BRIGITTE MIRA
Leo e Rober meditan sobre da enfermidade de Moncho
Bébemos a súa sangue - Nós tamén sabemos a día de hoxe da nosa ETERNIDADE. Da nosa rareza, tan, pero que tan AMABLE.
Polo que resta, podemos dicir que o que expresa o sistema da organización mundial da saúde son pouco máis que sucesivas camisas de forza para co proletariado.
Carta de Leo
Necesito son, altofalantes... o normal. E nada máis. E unha cunca con auga para Rober. (en plan diva).
Sobre a producción dos espectáculos
Para a producción dos espectáculos dividimos pouco as funcións de cada quen,
Rober non é unha marabilla da disciplina pero consigue enlearse dunha maneira exquisita ao redor de certos acontecementos que o levan a producir dunha maneira veloz, intelixente á vez que moi intuitiva. Supoño que esto lle ven de cando novo.
No meu propio caso, penso que son unha maquina de paz, pero esto no sentido en que Spinoza fala do repouso da intelixencia, non é que guste dunha organización das cousas totalmente ao modo xeométrico, pero si amo que as cousas sobre todo na cociña estean no seu lugar, a cociña ven aquí sendo signo en todo caso do que nós achega ao alimento, para min en particular os alimentos no mesmo sentido que o amor son nucleares.
Sobre a pacificación da cociña e do dormitorio
- Rober fala sobre a suposta por Leo pacificación da cociña e do dormitorio.
En fin tedes que ver algún día os retratos de Leo, as aventuras por riba da cornixa do edificio, ou a liña que ocupa cada certo tempo nas protestas do metal en Vigo. Pero,si teño que confirmar aquí o sentido spinocista da súa vida, pois a súa fermosura alinda cun xeito de situarse nos acontecementos que a min, persoalmente tenme erotizado. Esta forma de vivir prodúcese após dun traballo de fala directa e intensa co mundo, mediada aquela por unha vontade e decisión ben encomiables.
COMA UN CAN SEN DONO: ESCRITA CURRICULAR
Rober Bass & Leo
Quérella (11/06/2009)
Conferencia performance a modo de "profesora de francés que toca o
piano" Rober Bass e Leo atópanse nunha autovía -os dous están abandonados- e deciden comezar unha nova vida xuntos mais para elo deberán escribir o seu currículo para atopar traballo. Eles non saben vender a súa forza de traballo, son inútiles, superfluos e proletarios. Soamente pretenden conseguir cartos para facer o único, bailar. Bailar como lobas.
Neste croquis vital (en plano secuencia) sobre un mesmo, -neste caso
sobre elas mesmas, pois xa superaron o xénero e o número desde a súa desmateiralización-, farán un percorrido visual
pola videodanza contemporanea, sen axiomas... porque lles peta.,
porque son proletarias e soamente lles queda eso da conciencia de clase.
Escribiu: Elisa ás 03:51:24
Sábado 06 de Xuño do 2009
A domadora. escrita(s)*****
A domadora, BRUTOS******

INTRODUCCIÓN:
Dentro do que son as relacións brutais e violentas de producción no estado actual de cousas. O corpo como forza de traballo alienado, devora calquera outra relación co mundo estético.
Asd: a morsa kantiana.
ACTO PRIMEIRO, as balas son aquí no que abraza a todo o caso os diferentes artefactos coas súas diseminacións no mundo.
*
Os artefactos, son corpos onde rebota a luz por inter-locución dunha superficie.
Todo corpo achega un sentido que é disparatado pola afección dun igual, ou pola violencia dun superior xerarquizado.
O artefacto que nos presenta a domadora fala sempre dende a noción de igualdade e comunismo, pois trata de disparatar á súa vez o sentido do eu non desterritorializado polas sucesivas ondas da psicanálise e o sentido do nós non deconstruido polas sucesivas revolucións socialistas.
un artefacto, logo así que nos dispara cara o disparatado das escritas que viven no roce que xenera a xente.
A PANKANTA DI TOD*S SOMOS RAR*S
Aquí supoño aparece a eiruga. A eiruga é un ser non xerarquizado, ten o eu resolto, e cando acada tristeza fuma da narguilé e fala con Alicia.
Ás veces penso que no conto de Alicia tod*s estamos fumad*s.
Por que a cada movemento dos nosos corpos o mundo nace de novo incesante, e disparado. COs.
Os artefactos como máquinas perceptivas rebotantes e pensantes da(s) cabezas(s), ou tamén, do que eles estructuran por liñas cultivadas de amor e discordia.
ENTON ENTRA ELA, ANA, A DOMADORA TRANS, PARA SINALAR AS XUNTURAS, OS ANACOS DE INFINITA REALIDADE.
CORPOS NOS CORPOS, NERVADURAS DO CEREBRO, MUSCULOS DAS BULBAS, UNLLAS DAS MANS, PELOS DOS ANTEBRAZOS, ARTEFACTOS.
A PANCARTA DI AS BALAS NO CORAZÓN DA RAIÑA TRANS
----
ACTO SEGUNTO, un certo namoramento
**
O amor vive retirado na intimidade, pero enténdeme, nun retiro que florece cada instante en que te miro, e é esta mirada coa que me achego a Ti, CANDO COMPARTO CONTIGO OS ARTEFACTOS QUE PRODUCIMOS.
----
ACTO TERCEIRO arredores de Hanna Höch, o Ártico, Hirosima.
***
Cuestións de xénero ligadas a cuestións de posta en escena, logo así os bigotes do domador, e non así as sandalias e os ciclos da domadora. As barbas de Rosalía de Castro. Os pelos do Abrazo.
Unha arte, que posibilita os transportes.
Neses mesmos transportes e nos departamentos onde viaxaban as nais, xusto á altura dos seus ollos, no asento do centro había uns espellos para adecentar o bigote da vulva e os encadrados das paisaxes nevadas, das post-paisaxes europeas...
As nais ían reconstruír economías arrasadas polo propio sistema que agora as contrataba a elas.
Arredor; as pulgas atlánticas en conversa constante co argazo e máis cas medusas mediterráneas, o Índico, os fulares asiáticos, California, o Antigo Exipto, o Ártico...
E así ata os obxectos do cotián, ata os modos de producción.
Ate ter claro o sentido que nos fala sen pausa dos corpos, da forza de traballo.
Os arredores dunha pintura que di dende o seu movemento a deconstrucción do falo-centrado xuízo do déspota.
Hirosima.
----
ACTO CUARTO, algo sobre a vida en intimidade da domadora.
****
As súas relacións con a. e o seu nome arredor do s. O seu segundo nome b. Arredores de y, pero tamén o tempo de relacións con c. onde, a domadora é nos arredores de t
e así proliferamos todas nos arredores de...
os esquemas os trazamos a partir dunha gravación en bucle
(Nun dos fotogramas destacamos ás pulgas, ana, sabela e o azul que recobre o corpo da balea, á balea tamén. En definitiva pouco que ver cun mercado das graxas...)
Ao arredor das figuras podemos ver o porto de Caión o comezo da costa da morte en off o bruídos do capital - a construcción do porto exterior da cidade da Coruña, percibimos polo fume o sabor das sardiñas e vemos tamén os barcos de madeira da industria naval galega (artefactos). Todo xa trans, mais sobre todo as relacións amorosas d*s protagonistas fora do valor de cambio.
Resta respirar e mirar para o debuxo... ao mellor para o artefacto onde dormen os animais.
----
ACTO QUINTO, unha viaxe ate Alphaville
****
Pensar a capacidade plástica do artefacto de lanzar e re-lanzar fóra do mercado ao mundo a novidade, esto é fora da redundancia da repetición sen diferenza. A audacia deste corpo sen organos que implosiona - explosiona as relacións.
A PANKARTA DI O CORPO FORZA DE TRABALLO
Pero pensamos na división que apunta Ranciere en torno á capacidade intelectiva do sensible, do sensible, como capacidade de percibir os artefactos, en definitiva o mundo.
Mais que pasa cando un corpo pasa x horas da súa vida nunha cadea de traballo.
Cando un corpo pasa x horas de vida nunha cadea de traballo.
EN ALPHAVILLE CANDO NATHACHA TRAE DENDE O CORPO ALIENADADO O BROTE DA PALABRA CONSCIENCIA.
----
ACTO SEXTO, a morsa kantiana fala dos seus bigotes como artefacto finalidade sin fin
*****
TAMEN E CONTRA KANT PERO POR KANT ESA FINALIDADE SEN FIN SABEMOS QUE É FROITO DO ESFORZO E A VONTADE DUN/DUNHA CALQUERA QUE EXPRESA ALI NA SUPOSTA POR KANT FINALIDADE SEN FIN A SÚA FORZA DE TRABALLO.
E se isto é así é polo sistema que acolle a categoría de f.s.f. pois no neoliberalismo a categoría f.s.f. funcionaria ao menos como liña de fuga.
INTERESANOS AQUI ABRIR O DEVATE DA ACTUALIDADE PRACTICA DA CATEGORIA KANTIANA DE F.S.F.
Pero pode u* calquera soportar unha cadea de montaxe ao tempo que amar os corpos monstruosos?
Aqueles que non cadran na montaxe da “razón” serán os corpos monstruosos. Pero que entendemos por razón despois de Foucault ou despois de Derrida e antes de Platón e Aristoteles?
Mais, para finalizar este paseo polos artefactos que vin, ao mirar para a domadora e a morsa kantiana, lanzo a pregunta:
Pode *n calquera soportar unha cadea de montaxe ao tempo que amar os corpos monstruosos?
Pois así
Imos na compañía de Sabela partir dun elemento central na escrita da arte contemporánea,o artefacto. Polo camiño, perderemos a noción de obra en tanto que unidade ou complexo de sentido e caeremos no disparatado. Presentareivos á domadora e descenderemos das peanas da arte ao lugar dos obxectos comúns: alí onde nós habitamos, alí onde sempre acabamos por constatar o paradoxo, pois alén dos reclamos de claridade e de facilidade, as nosas vidas abísmanse en múltiples intersticios. Acompañarannos Alicia e a eiruga, a voz de Duras e mesmo pode que Quintana.
Escribiu: Elisa ás 03:19:50
Sábado 30 de Maio do 2009
A blogosfera e a pluriarquía. Que posibilidades? - escrita(s)****
A blogosfera e a pluriarquía. Que posibilidades?
con Ock
O aquel que por violento marca o borrado polas relacións de producción sobre s moit*s.
DIXOLLE ALICIA AO GATO INTER-NAUTA:
- CUSPEME NOS OLLOS WIL, ASÍ SEXA ATRAVES DO ECRÁN.
...................................................................................
1.
Hoxe mesmo non podo falar nin de min nin de vós porque non sabería dicir cantas persoas viven nesta casa. Mais intentarei dicir algo que faga relación co que dixo ela que ía dicir ...
O por qué desta tripla repetición atende xa que logo pensamos a unha posible pluriarquia dos signos na rede.
Comezo a pensar nas posibilidades da blogosfera ou se queredes da cousa internet ao fío de certos ACONTECEMENTOS que percuten na cabezota extensa, cogitante e trans-cibernetica que acolle a este novo campo de escritura.
Constitúe este unha outra superficie que atende a un outro réxime de signos e polo tanto a unha novidosa regulación dos nosos corpos.
Ocupación polo tanto espacial, contexto no que os corpos, caen atravesados neste caso pola operatividade dos teclados e as pantallas.
** Aquí nesta sala o xoves pasado Ana Salgado falábanos a partir dalgúns textos que nas súas palabras constitúen unha poesía de vontade comunal feita nas últimas décadas do interese e a atención destas poéticas polas novas tecnoloxías.
Así e enfiando con Ana e con Oriana, preguntármonos :
- onde comeza e remata a novidade ?
- onde se instaura a comuna e o cárcere ?
- o pensamento e a reacción que reactiva na novidade o pesado da usura sobre a forza de traballo aparentemente inorgánica e non-relacional ?
MEMORIA E PROGRAMACIÓNS
ATRACAR BANCOS
***Un outro acontecemento que segue a ocupar a cabezota de meu é a resolución ante o recurso de amparo dictada polo constitucional á razón da ilegalización da candidatura ás eleccións europeas da iniciativa internacionalista do pobos.
E meditaba que algo da rede social contra usura e algo do espazo publico e das identidades relacionais falaba alí.
2.
No peor dos casos o cuspe do gato internauta e tan patente como o desazo de Alicia ao caer polo fondo - furado da rede.
E , porén,a parkarta brech:
Coidade da intelixencia, votádelle carniza e pedra a vosa forza de traballo, que non ilegalicen as mans cas que amades, tede logo conta da difícil pregunta acerca do que é extenso e do que é cogitante, non vai ser que o pelicano trace nas veas da rede outra volta o plus-valor.
PROLETARIO NON O ESQUENZAS, UN PELICANO DORME NA PANTALLA.
Chego ate aquí e trato de trazar un sentido LABIL do que nos fala todo o pensamento escrito occidental. Pois quén e paciente e quén e activo fronte ao ecrán.
E tal vez a pregunta por mal formulada reposte, e é que deixamos algunha vez de producir?
Pois:
Para seguir a falar de todo esto podemos preguntarnos a partir das identidades relacionais que é a blogosfera?
A que sentido atenden as redes sociais e que motivos e esperanzas trazan?
Onde se sitúa esta nova rex extensa no espacio publico?
De que forma esta extensión do dixital cae sobre aquela outra rex republicana e comunista que vive xa que logo a día de hoxe non fora da usura que marca o capital se non contra usura.
Pero esto o pensaba eu despois de que Spitin e Tareixa tomaran o te sobre a cabezota das nubes ao ter elas pasado dun a outro lado de ALFHAVILLE.
Así e con Oriana:
A blogosfera e a pluriarquía. Que posibilidades?
con Ock
O aquel que por violento marca o borrado polas relacións de producción sobre s moit*s.
DIXOLLE ALICIA AO GATO INTER-NAUTA:
- CUSPEME NOS OLLOS WIL, ASÍ SEXA ATRAVES DO ECRÁN.
...................................................................................
1.
Hoxe mesmo non podo falar nin de min nin de vós porque non sabería dicir cantas persoas viven nesta casa. Mais intentarei dicir algo que faga relación co que dixo ela que ía dicir ...
O por qué desta tripla repetición atende xa que logo pensamos a unha posible pluriarquia dos signos na rede.
Comezo a pensar nas posibilidades da blogosfera ou se queredes da cousa internet ao fío de certos ACONTECEMENTOS que percuten na cabezota extensa, cogitante e trans-cibernetica que acolle a este novo campo de escritura.
Constitúe este unha outra superficie que atende a un outro réxime de signos e polo tanto a unha novidosa regulación dos nosos corpos.
Ocupación polo tanto espacial, contexto no que os corpos, caen atravesados neste caso pola operatividade dos teclados e as pantallas.
** Aquí nesta sala o xoves pasado Ana Salgado falábanos a partir dalgúns textos que nas súas palabras constitúen unha poesía de vontade comunal feita nas últimas décadas do interese e a atención destas poéticas polas novas tecnoloxías.
Así e enfiando con Ana e con Oriana, preguntármonos :
- onde comeza e remata a novidade ?
- onde se instaura a comuna e o cárcere ?
- o pensamento e a reacción que reactiva na novidade o pesado da usura sobre a forza de traballo aparentemente inorgánica e non-relacional ?
MEMORIA E PROGRAMACIÓNS
ATRACAR BANCOS
***Un outro acontecemento que segue a ocupar a cabezota de meu é a resolución ante o recurso de amparo dictada polo constitucional á razón da ilegalización da candidatura ás eleccións europeas da iniciativa internacionalista do pobos.
E meditaba que algo da rede social contra usura e algo do espazo publico e das identidades relacionais falaba alí.
2.
No peor dos casos o cuspe do gato internauta e tan patente como o desazo de Alicia ao caer polo fondo - furado da rede.
E , porén,a parkarta brech:
Coidade da intelixencia, votádelle carniza e pedra a vosa forza de traballo, que non ilegalicen as mans cas que amades, tede logo conta da difícil pregunta acerca do que é extenso e do que é cogitante, non vai ser que o pelicano trace nas veas da rede outra volta o plus-valor.
PROLETARIO NON O ESQUENZAS, UN PELICANO DORME NA PANTALLA.
Chego ate aquí e trato de trazar un sentido LABIL do que nos fala todo o pensamento escrito occidental. Pois quén e paciente e quén e activo fronte ao ecrán.
E tal vez a pregunta por mal formulada reposte, e é que deixamos algunha vez de producir?
Pois:
Para seguir a falar de todo esto podemos preguntarnos a partir das identidades relacionais que é a blogosfera?
A que sentido atenden as redes sociais e que motivos e esperanzas trazan?
Onde se sitúa esta nova rex extensa no espacio publico?
De que forma esta extensión do dixital cae sobre aquela outra rex republicana e comunista que vive xa que logo a día de hoxe non fora da usura que marca o capital se non contra usura.
Pero esto o pensaba eu despois de que Spitin e Tareixa tomaran o te sobre a cabezota das nubes ao ter elas pasado dun a outro lado de ALFHAVILLE.
Así e con Oriana:
A blogosfera e a pluriarquía. Que posibilidades?
Escribiu: Elisa ás 04:35:22
Martes 26 de Maio do 2009
agás

10,47
Podendo entender a revolución tal o que nos transporta do que inexiste ao existir...
Escribiu: Elisa ás 04:57:24
Sábado 23 de Maio do 2009
Pedra e carniza intelixente - escrita(s)***
O texto que lemos di con e a partir doutros textos, prodúcese xa que logo no dicir de “vontade comunitaria”. Por aquí pasan: Michel Faucoult, Gilles Deleuze, Jaques Derrida, Mendez Ferrin, Raida Rodrigues, Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval, Ana Salgado, Xiana Arias, Carlos Marx, Jen Luc Nancy, Anaximandro, Soren Kierkegaar, e un longo etc. de corpos-datos.
Pois,
Pedra e carniza intelixente - Ana Salgado 1*
outra volta Maquieiro daquela torceu o bico e consagrou toda a súa atención
ás novas tecnoloxías e á desregularización derridiana dos empregos.
“Desviadas” as escritas producen contra un estado de cousas no que as relacións de explotación regulan os plus-valores dos corpos en réximes escravistas.
1.
A única resposta consiste en voltar a proporcionar datos, recargar o mundo con datos, facer circular algo, o máis posible e por pouco que sexa, de tal maneira que, a través de estes datos novos ou renovados, xurdan e se propaguen preguntas menos crueis, máis gozosas, máis preto da Natureza e da vida. É o mesmo que facía Dersu Uzala cando quería que se amañara o chouzo e que se deixara nel un pouco de almorzo, para que próximos viaxeiros puidesen sobrevivir e circular a súa vez.
Cada un de nós ten súa liña de universo por descubrir mais non se da con ela senón trazándoa, dándolle traza ao seu xesto rugoso.
Ferrín, María do Cebreiro, O Leo, Antón Fortes, Chus Pato, Valentina Carro, Xiana Arias, Raida Rodríguez, Manuel Outeiriño, Oriana Méndez, Samuel Solleiro, Manuel Ribas...
Abondarían entón os restos destes corpos para que o que medre en nós sexa a intelixencia:
mais de súpeto as palabras foron recobradas e elas eran pedra e carniza intelixente
REPETIMOS:
Quixeramos con Michel Faucoult e Méndez Ferrin que fosen as escritas todas:
UN INTENTO, NON XA DE FALAR POR OUTRO*S, SENÓN DE PROCURAR QUE POR FIN A XENTE, *S CALQUERA, FALEN POR SI MESM*S
A pregunta sería unha semana após da fala de Xiana Arias:
segue a que enuncia a adversativa de posibilidade “Pero hai que salvarnos nós mesmas” a bailar mal?
son os ocos que abrimos no real aquelo que aos poucos dan nun real que aos poucos fai posible A ESCRITURA, o baile, a respiración, a vida?
E xa que logo a pedra e a carniza intelixente viven hai, nese esforzo común da intelixencia?
Nesa cércana comuna que abre o tempo da RAZÓN.
Un xeito de escrita analfabeta e campesiña que turra do que aínda non foi escrito dende o im-politico polo acontecemento e pola a existencia.
En definitiva falamos dun esforzo que trans-torna o subalterno da forza de traballo.
Un dicir que enfía corpos nos corpos,
crise que se constitúe enunciado e viceversa.
Así o que pasa:
identidade
nación
intimidade
clase
xénero
dominación
Porvir presente dunha escritura que atende a falta ao resto do que nos dona o sentido do que pasa.
2.
Non se trata da liña que xunta nun todo, senón da que conecta e empalma os heteroxéneos.
Manténdoos como tales. A liña universo axusta os dormitorios ao fondo da rúa, a rúa a lagoa, a montaña, ao bosque. Pon en concordancia ao home coa muller e co cosmos. Conecta os desexos, os sufrimentos, os extravíos, as probas, os triunfos, as pacificacións. Conecta os momento de intensidade como outros tantos puntos polos cales pasa. Conecta aos vivos e aos mortos. (...)
enfiarase unha achega á poesía de vontade comunal,
Unha problematización sobre das superficies que a noso modo de pensar configura(n) e traza(n) a(s) escrita(s).
Unha preocupación sobre o como e o dende onde escribimos.
Escritura que non redunda pois alinda nun territorio por fusión de corpos onde o tempo cae desviado e a forza de traballo trata sempre de dicir as liñas que producen ao fin, a excelencia do trato entre iguais.
enfiarase unha achega á poesía de vontade comunal,
3.
os ósos das damas que traballaran na conserva e que foran tosquiadas previamente ao sacrificio
ESCRITA(S) CONTRA MAQUIEIRO
RESTO único desde o que dicir as gándaras, propiamente xustiza para con aquel*s onde a violencia fixo marca.
PRO-TESTA
ó cogito comunitario que di o penso porque vos penso.
frente o cogito do xerarca militarizado que redunda sen diferir no penso porque pensome e bastome a min mesmo.
Decir CON o que trata de ser borrado polo imperio.
REPETIMOS
miñoca ou trans, herba ou planeta, pedra ou cabelo.
Corpus: un corpo é unha colección de pezas, de pedazos, de membros, de zonas, de estados, de funcións. Cabezas, mans e cartílagos, queimaduras, suavidades, chafarises, sono, dixestión, medo, excitación, respirar, dixerir, reproducirse, recuperarse, chuspe, sinovia, torsións, calabrés e luares. É unha colección de coleccións, corpus corporum, cuxa unidade segue sendo unha pregunta para ela mesma.
Cando Raida escribe MAQUINA DE GUERRA escribe sobre si mesma o mundo e non a si mesma sobre o mundo, pois leva a propia desterritorialización do seu ao común onde as re-territorializacións dos heteroxeneos fan rizoma territorio sen USURA.
…nin un nin un cento. Ten que ser Armada de Máximos e de Completos. Facei Nova Alianza. Facei Nova Alianza.
Corpus corporum Maquina de guerra Estirpe Hordas de escritrua É Non son de aquí ... Contra maquieiro ...
Rizoma
para que os signos tracen as liñas as xunturas os cortes as fendas dun xeito mais gozoso
para que as escrituras nos arrexunten aos calquera nun sema por liberar
escribir sobre os seres amados
escribir sobre a morte violenta dos seres amados
escribir despois dos campos de traballo
escribir despois da xornada de traballo na cadea de montaxe dunha multinación automobilística dun imperio calquelquera
escribir o estado actual da diseminación da racionalidade que produce os campos e as proliferacións múltiples do corpo social sen salario
mais de supeto as palabras foron recobradas e elas eran pedra e carniza intelixente
entonces falades durante a tarde da dor de dicir o mundo, as veces moito máis duro do que un corpo é quen de soportar, pero a escritura que por fin fala non por outr*s senón quizais por si mesma chea de restos republicana comunitaria por fin comunista.
mais de supeto as palabras foron recobradas e elas eran pedra e carniza intelixente
A partir destas palabras que lemos en Contra maquieiro e dunha das liña proposta para este ciclo, "un singular-plural que atende a todos cantos modos de escrita son no mundo" enfiarase unha achega á poesía de vontade comunal feita nas últimas décadas. Tratarase de pór de relevo os intentos de problematizar algunhas nocións entre as que están identidade, nación, intimidade, clase, xénero ou dominación.
Escribiu: Elisa ás 05:14:17
bailo sempre igual de mal - escrita(s)**
Acusome por que me quero entender porque te amo e te quero entender.
Xiana Arias a propósito de Acusación: bailo sempre bailo igual de mal
i
un asunto de lei de percepción da lei escrita
porque todo o que ven nas letras son impactos que nós levan a comportarmos dunha maneira rara.
esto é o que de in-posible che da a escritura
a paciencia de Job
a trans-significación do réxime da excrecencia...
a fuga non do real
senón na fuga a constitución do real mesmo
caixa - poema.
logo así o bailo sempre igual de mal fala (pensamos) do sempre igual do que pasa do que difire.
Ao tempo que este diferir do sempre igual prolifera ESCRITURA.
Horda.
caixa - chuspe
BAILO SEMPRE IGUAL DE MAL
dicindo a diferenza: o posible do imposible, a diseminación do sentido, a abertura continua, incontrolable, singular e viva dos corpos ao propio do bailar
sempre igual de mal.
O acuso recibo no corazón do cogito.
unha certa experiencia da posibilidade do imposible
ii
percibir o entre das prolongacións, e nese a-percibir os ocos - filmar o que pasa entre os dentes da forquita, Q. é o que pasa?
para procurar a comprensión do que din os enunciado voto man da dobrez que collen os estremos dos dentes da forquita para facilitar supoño a náusea que abre camiño cavidade no estómago para que entre o mundo, a náusea a entendo aquí a partir do retrato de Xiana-can, pois a que escribe a escrecenza escribe o mundo neste caso co verde da náusea e ca forza do que ven do dentro da boca.
6. Falareivos dun libro de notas que dá conta de que por máis que fose contra min e dende o fondo son outros versos os que mellor me acusan.
7. Nas notas hai The Kinks: “Deus salve o parque municipal”.
Facede comuna na compresión no vagar da cita-bicicleta común.
8. Hai María do Cebreiro: “Abre ben esa boca a ver qué levas dentro”.
9. E Belén Feliu: “Das moitas formas de arrogancia a máis suicida e infantil é confundir a habilidade de safar co poderío”.
Por 4, responsabilízome.
10. Bailo sempre igual.
Por titulo, Repite.
11. Cantan Calle 13 “súbele el volumen a la música satánica”.
Por 5, 8 e 9
12. Bailo sempre igual de mal.
Por titulo e 10, repite.
13. Pero hai que salvarnos nós mesmas.
Ao mellor todas estas escritas son pola memoria de Guan Qu e Kung Yong soterradas o martes cinco de maio no camposanto de San Mauro, Pontevedra.
Mais esta adversativa de posibilidade, Pero hai que salvarnos nós mesmas.
Entón o resto é a Politica.
O que colle nesta adversativa de posibilidade e o que resta o que aínda non pasa entre os dentes da forquita que escribe o palleiro e os dentes desta boca que atura e acusa recibo AINDA do inquirimento violento.
Pois, entanto non chega, bailo e falo MAL.
Repite............................................................................os carballos.
Escribiu: Elisa ás 05:09:49
escrita(s)*
CICLO ESCRITA(S)
Sobre textos e superficies
Corazón na árbore
Que podemos dicir que é un texto, a que mundo chega e de que mundo trata?
Hai textos como hai corpos?
Todo texto lanza unha nova superficie para pensar o aquí no que outr*s enganchan?
Ten a escritura código de barras?
É un lugar onde todo ten cabida, pedra, cabelo?
Porque lle engadimos un s a titulo das conversas?
Que entendemos logo por escrita?
- inmanencia do aquí?
- suplemento para articular unha vida nova?
- unha corpo-vida que agasalla conflictos?
- unha conversa-maquina de guerra para a producción de corpos sen orgaos cheos de mundo?
- un singular-plural?
Quixeramos con Michel Faucoult que fosen as escritas todas:
UN INTENTO, NON XA DE FALAR POR OUTRO*S, SENÓN DE PROCURAR QUE POR FIN A XENTE, *S CALQUERA, FALEN POR SI MESM*S
Como ou de que xeito incide nas nosas vidas o escrito / as escritas que nós preceden,
+. narrativas identitarias, narrativas post-identitarias, narrativas TRANS-identitarias.
+. narrativas políticas,
decimos toda narrativa conversa con calquera outra, logo asi as narrativas fascistas crean mundo, e, tamén incluso temos a obriga ética de pensalas de decidir cal e o sentido que pasan.
+. narrativas-arte
+. narrativas salón de estar salón de baile
+ escritura e lei
+ escritura e violencia
+ escritura e diñeiro
+ escritura(s) e maquina(s) de guerra
En definitiva toda escrita - é privada e é publica, cae sobre unha superficie sempre atravesada de signos, que traballan a maneira dunha guerra de guerrilla cara unha desviación que poderiamos chamar o novo, a novidade o posible do imposible.
Desviadas as escrituras producen contra un estado de cousas no que as relacións de explotación regulan os plus-valores dos corpos en réximes escravistas.
De hai a necesidade do atopármonos no sigular-plurar dunha maquina de guerra que atende aos moit*s, miñoca ou trans, herba ou planeta, pedra ou cabelo.
.................................................................................................................................................
Sobre textos e superficies
Corazón na árbore
Que podemos dicir que é un texto, a que mundo chega e de que mundo trata?
Hai textos como hai corpos?
Todo texto lanza unha nova superficie para pensar o aquí no que outr*s enganchan?
Ten a escritura código de barras?
É un lugar onde todo ten cabida, pedra, cabelo?
Porque lle engadimos un s a titulo das conversas?
Que entendemos logo por escrita?
- inmanencia do aquí?
- suplemento para articular unha vida nova?
- unha corpo-vida que agasalla conflictos?
- unha conversa-maquina de guerra para a producción de corpos sen orgaos cheos de mundo?
- un singular-plural?
Quixeramos con Michel Faucoult que fosen as escritas todas:
UN INTENTO, NON XA DE FALAR POR OUTRO*S, SENÓN DE PROCURAR QUE POR FIN A XENTE, *S CALQUERA, FALEN POR SI MESM*S
Como ou de que xeito incide nas nosas vidas o escrito / as escritas que nós preceden,
+. narrativas identitarias, narrativas post-identitarias, narrativas TRANS-identitarias.
+. narrativas políticas,
decimos toda narrativa conversa con calquera outra, logo asi as narrativas fascistas crean mundo, e, tamén incluso temos a obriga ética de pensalas de decidir cal e o sentido que pasan.
+. narrativas-arte
+. narrativas salón de estar salón de baile
+ escritura e lei
+ escritura e violencia
+ escritura e diñeiro
+ escritura(s) e maquina(s) de guerra
En definitiva toda escrita - é privada e é publica, cae sobre unha superficie sempre atravesada de signos, que traballan a maneira dunha guerra de guerrilla cara unha desviación que poderiamos chamar o novo, a novidade o posible do imposible.
Desviadas as escrituras producen contra un estado de cousas no que as relacións de explotación regulan os plus-valores dos corpos en réximes escravistas.
De hai a necesidade do atopármonos no sigular-plurar dunha maquina de guerra que atende aos moit*s, miñoca ou trans, herba ou planeta, pedra ou cabelo.
.................................................................................................................................................
Escribiu: Elisa ás 05:07:57
