Á páxina de inicio das Redes Escarlata
Tecedeira Escarlata

PANTEÓN LAICO PARA A MEMORIA DA GALEGUIDADE

A Trabe de Ouro

Despois de que Mendizábal desamortizase os bens eclesiásticos, o concello de Santiago de Compostela e a Real Sociedade Económica de Amigos do País pedíronlle ó Estado en 1840 o convento e a igrexa de S. Domingos de Bonaval, que por unha Real Orde de 1841 concedeu o conxunto, agás a capela e o cemiterio da Confraría do Rosario.

GRANDOLA, VILA MORENA...

Ricardo Castro

A Reforma Laboral –abaratamento do despido incluíndo 8 días de indemnización a cargo do traballador/a, aumento da precariedade para a mocidade, rachadura dos convenios colectivos...- tan só é un gran de area na montaña de medidas que o capitalismo está a tomar sen que haxa a resposta dunha FOLGA XERAL NACIONAL. Nos vindeiros meses aumentarán a idade de xubilación, aumentarán os anos de cotización para as pensións, suprimirán as axudas aos parados e paradas, privatizarán sanidade e educación, aumentarán as medidas represivas e de control...

O COMPLEXO LINGÜÍSTICO: E EU QUE PODO FACER?

Ana Mª Outón Barral

Se cadra moitos de vós xa sabedes perfectamente a que me refiro con isto do ‘complexo lingüístico’, ben porque o sufristes nalgunha ocasión, ben porque llo vistes padecer a alguén. Outros quizais adoezades desta terrible enfermidade sen saber nin sequera que a tendes; e o máis grave das doenzas é que se non sabemos que a padecemos, non nos podemos tratar.

Vidal Bolaño. Lavacolla. Pallasos en rebeldía.

Xosé Luís Santos Cabanas

Lavacolla. O lugar acabou dándolle nome ao aeroporto, e tende a substituír o propio nome da parroquia: Sabugueira. (Polo nome do río, pola proximidade á estrada, pola importancia da vella fábrica de curtumes, polo campo de concentración nas ruínas desa mesma fábrica?)

Normalización da lingua na Administración de xustiza

Anxos Sobriño

Neste breve artigo pretendo esbozar unha descrición do traballo de promoción do galego na Administración de xustiza, desde a perspectiva dos técnicos de lingua que traballamos nos órganos xudiciais. E digo adrede “técnicos de lingua” e non “técnicos de normalización lingüística” porque –a pesar de sermos departamentos que temos unha traxectoria máis ou menos longa– non realizamos propiamente labor de normalización lingüística, tal e como se entende na tripla vertente de asesoramento, formación e dinamización.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) ( e IX)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.
Inclúe a descarga do artigo completo en PDF.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (VIII)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (VII)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (VI)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (V)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (IV)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

Galego de Asturias

Francisco Fernández Rei

As recentes declaracións de Xosé Luís Méndez Ferrín nas que pediu a oficialidade da lingua asturiana no Principado, agás na franxa eonaviega, para a que reclamou a oficialidade da lingua galega propia dese territorio, provocaron en Asturias un “cierre de filas en torno a la fala”, coas reaccións xa tópicas de antigaleguismo (e suposto anexionismo) que nada novo din do que se leva observando desde hai anos. O que nunca podía eu imaxinar é que nun xornal escrito en Galicia e dirixido, fundamentalmente, para información dos galegos se dese unha información nesgada e parcial, como se pode apreciar na reportaxe “Por la ruta d’A Fala” do suplemento Estela do Faro de Vigo

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (III)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (II)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política -2.0) (I)

Xabier Cordal

O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara a ruptura con eles.

UN PROGRAMA POLÍTICO?

María do Cebreiro

AMORES DE COMENENCIA (ESPAÑOIS QUE DEFENDERON O CATALÁN)

Andreu Mas

Durante as ditaduras españolas, grupos de intelectuais españois expresaron publicamente o seu soporte ao catalán e criticaron a persecución do idioma; chegada a democracia non houbo mostras de soporte colectivo.

SOBRE A NATUREZA E ORIXES DA PALABRA POÉTICA

Antonio Gamoneda

Unha lección do curso "poesía: tradición, linguaxe, pensamento" universidade internacional menéndez pelayo, santander, 2008.

Dous poemas

Antonio Gamoneda

Nesta entrada publicamos o poema máis antigo que Antonio Gamoneda conserva, de 1947, e o último, que leva por título Ha de llover, do ano 2008, non publicado aínda por medio ningún.

Presentación da homenaxe a Méndez Ferrín

Anxo Angueira

Antre lusco e fusco, o sol tinguía de vermello o hourizonte pecho polos outos de Piñor e Cabeza de Vaca. En Ourense a escuridade era mor ao tempo que as primeiras luces eran acesas nas rúas e avenidas. Unha vella pequena e miúda, cuberta con negra mantilla que lle daba aparencia de sombra, colleu pola rúa das Tendas, chegando á praza do Trigo, atravesou o adro da catedral e entrou nela.

Matemáticos, cociñeiros e xogadores de rugbi[1]

Isaac Xubín

Pensamento caótico sobre a creación.

A merecida homenaxe a X. L. Méndez Ferrín

Francisco Fernández Rei

Con motivo da xubilación, ás veces uns anos antes, no mundo universitario galego adoita entregarse un libro-homenaxe a aqueles mestres que contan con méritos relevantes. É unha mostra de recoñecemento dos seus alumnos e discípulos que, cos anos, se converteron xa en mestres de novas xeracións.

A VOLTAS COA LINGUA

María Xosé Queizán

Recibo unha invitación de Xosé Antón Laxe para colaborar na web de Redes Escarlata e dígolle que non teño tempo, ou non quero empregalo, en visitar as web ou os blogs en Internet. Nin sequera o que me atinxe. Entro na vosa e leo os artigos do meu estimado especialista en lingua Francisco Fernández Rei que aprecio pero, no fundamental, non comparto.

Ferrín forxador de idioma

Antón Santamarina

Tal como me pediron os organizadores deste acto, vou falar do traballo e significado de Ferrín como language-builder, ou dito en romance, forxador de idioma

Ferrín político e forxador de utopías

Rosa López

Texto lido no Acto de Homenaxe Nacional e Presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, celebrado o 6 de febreiro do 2009 no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo.

Homenaxe a Ferrín

Darío Xohán Cabana

Aquí ponse remate e ramo á vida activa, digo ó servizo nas aulas, dun catedrático de Instituto daqueles que eran mestres e lle imprimían a súa marca a toda unha cidade e a todo o seu alfoz: marca de intelixencia que transcendía e rebordaba a estreita materia que impartían.

VI Xornadas Terra de Tod@s

Xosé Luís Santos Cabanas

En dúas plantas dunha casa humilde do Camiño do Pouso, na Aldea da Cima, primitivo núcleo de Soutelo de Montes, exhíbense, con rigor e sensibilidade, obxectos relacionados coa cultura material e inmaterial propia dos xeitos de vida preindustriais da comarca. Estamos a falar do CETMo, o Centro Etnográfico da Terra de Montes, que botou a andar grazas á porfía dunha asociación daquela bisbarra con nome que saúda en latín dos canteiros: Verbo Xido.

Nós tamén navegar a Ítaca

Francisco Fernández Rei

No seu coñecido poema Ítaca, Konstandinos Kavafis dicía que na vida o importante é a viaxe; que cómpre manter sempre Ítaca na mente, porque o destino é arribar a esa illa, pero que a travesía se faga sen présas, que sexa longa e que dure moitos anos; que un se deteña en mercados e cidades para gozar e aprender; e despois dunha fermosa travesía, cando un xa velliño atraque na illa, convertido nunha persoa sabia e con moita experiencia acumulada e sen agardar que Ítaca lle ofreza riqueza, acabará por comprender o significado das Ítacas.

O capitalismo é un depredador que morrerá matando

Manuel Casal Lodeiro, 'Casdeiro'

...Como matando viviu, ben é certo. Pero os mortos e outros damnificados colaterais (lateral, foxo, sanguenta cuneta) producidos pola súa idolatría a Mammon eran previstos subprodutos no medre do seu organismo omnívoro, na súa carreira cara o crecemento orgánico-económico, ao xeito do Sen-Cara da película de Miyazaki, devorando a moitos no seu imparable medre para pagar con pebidas de falso ouro a uns poucos.

Memoria de Lenin (materiais a pé feito de Repetir Lenin)

Daniel Salgado

Toda a agudeza do profesor esloveno Slavoj Zizek bótase contra o lector nas derradeiras páxinas de Repetir Lenin1: “Repetir Lenin significa insuflar nova vida a esta esperanza que segue a nos atormentar [...] significa que hai que distinguir entre o que Lenin fixo en realidade e o campo de posibilidades que inaugurou, a tensión en Lenin entre o que fixo en realidade e outra dimensión, que ‘non era Lenin, senón que estaba en Lenin’. Repetir Lenin é repetir, non o que fixo Lenin, senón o que NON LOGROU FACER, as súa oportunidades PERDIDAS”.

O dereito de ser humanos (Ocupación e xestión obreira de fábricas na Arxentina)

Daniel Salgado

A palabra de orde foi “que se vaian todos!”. O país coa clase media máis ancha de América Latina ardía. Remataba o ano 2001 e no corazón do verán austral, os arxentinos decidían apertar a historia, botarse á rúa e estarrecer a clase dirixente que naquela altura presentaba o rostro de Fernando de la Rúa. Millóns de manifestantes ocuparon o trazado de imitación europea do centro de Buenos Aires e durante as xornadas do 19 e 20 de decembro de 2001, o día extraordinario que abroga décadas anódinas semellou materializarse.

Euskal Herria, a terra do éuscaro

Isaac Xubín

A polémica xurdida ao redor do partido da selección vasca de fútbol contra Irán e o nome auténtico que reclaman moitos xogadores, Euskal Herria, vén acompañada nos medios de comunicación dunha perversa e renarte nota a rodapé: Euskal Herria é un termo empregado pola esquerda abertzale e ETA.

CRISE MUNDIAL E LITERATURA

Anxo Angueira

(Pablabras ditas na II Bienal Literaria Internacional De Pedra e de Palabra)
Para min é unha alta honra poder participal nesta II Bienal Literaria Internacional De pedra e de palabra na que, máis unha vez, o Pen Club de Galicia, na súa mellor liña, reedita aquel lema de “Estamos abertos a todos e a todo; teimamos que nada do noso Tempo e Terra nos sexa alleo” que figuraba, fíxense ben, na cabeceira dunha revista, a revista Galiza, editada nos anos trinta do século pasado na pequena, aínda que episcopal, viliña de Mondoñedo.

CUESTIÓN DE CLASE

Anxo Angueira

Vive a lingua galega un momento delicado no seu proceso de recuperación, que é o mesmo có da nosa dignidade nacional. Non houbo un pasado mellor, non. Nin un paraíso perdido. Tampouco o haberá no futuro. O que pasa é que un sector social profundamente reaccionario, vestido coa falsa carauta da liberdade, está organizándose para facer pasar por certa a entroidada de que o castelán en Galicia está en perigo e que é un abuso a presenza do galego no ensino.

AUTOBIO. De Trabadas

Xosé A. Laxe Martiñán

Non falo de oídas nin dun extraño. Falo da miña casa e do meu pai. A súa historia é a de miles de homes e mulleres, seino, que na vida lograron tirar de riba a condición de escravos. Aquela condición que adquiriu –adquiriron- mesturando en xornadas de quince horas bágoas con mocos nunha ferraría de Durango, con dezaseis anos. Non, minto, escravo nunca. Non é escravo o reprimido, esa é unha definición labrada polos donos do látego.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA ( e VI): A “olorosa pantera” e a lingua ausbau galega

Francisco Fernández Rei

O galego verbo do portugués non é lingua abstand, porque a distancia estrutural entre ambos é escasa, especialmente cando se comparan falas de puntos próximos nas dúas beiras do Miño ou da raia seca; pero si é unha lingua ausbau: o galego moderno é lingua independente do portugués moderno fundamentalmente por razóns sociolingüísticas e literarias, porque é o soporte dunha moi digna literatura que tanto contribuíu á configuración da actual identidade socio-cultural de Galicia.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (e VI): A reforma normativa do 2003

Francisco Fernández Rei

Houbo sectores en desacordo coas Normas de 1982, pero despois de case 20 anos de diverxencias, foise facendo evidente que a falta dun patrón idiomático único era unha grave pexa para normalizar o idioma nunha xeira de alarmante diminución da transmisión xeracional e do uso social. Isto explica que a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, que defendía unas normas de moderada aproximación ó portugués (eran as que empregaba o Bloque Nacionalista Galego e organizacións afíns nos seus escritos), convocase o ILG e o profesorado das áreas de Filoloxías Galega e Portuguesa das universidades da Coruña, Santiago e Vigo para tratar de lle presentar á RAG una proposta de modificación da normativa vixente.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA (V): Distancia e elaboración lingüística

Francisco Fernández Rei

O desenvolvemento da sociolingüística a finais da década de 1960 e a súa aplicación á análise das linguas e variedades minorizadas románicas nos anos 70 e 80, xunto con estudos de tipoloxía e descrición desas linguas, explica que a romanística hoxe non ignore situacións como a da emerxente lingua corsa ou a da reemerxente lingua galega.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (V): A codificación léxica

Francisco Fernández Rei

En 1989 o ILG e a RAG editaron provisoriamente o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa 1989) que a nivel léxico era un complemento das Normas de 1982. Coordinado por Manuel González e Antón Santamarina, cando aínda non eran miembros da Academia, realizouse integramente no ILG nos anos 80. Para a redacción do VOLGa fíxose un seguimiento histórico, moitas veces panrománico, de gran parte das 45.000 entradas de que consta, e houbo que seleccionar entre as variedades dialectais de moitas entradas; por outra parte, modernizouse o léxico coa incorporación de voces técnicas e de diferentes parcelas da cultura e elimináronse préstamos innecesarios do castelán, para o que o portugués foi unha ferramenta fundamental.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA (IV): O galego e a súa consideración polo galeguismo histórico

Francisco Fernández Rei

Á parte de acudir a esa tradición romanística onde o galego só ten existencia nominal e na que se ignora a súa caracterización lingüística, os argumentos para xustificar a súa satelización na órbita do portugués son, entre outras, razóns de política lingüística, como é considerar que unha lingua minoritaria (e minorizada), con menos de tres millóns de falantes, non se poderá defender da presión do castelán se non se fortalece baixo o teito da outra lingua afín normalizada, cultural e demograficamente moito máis potente.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (IV): A codificación gráfica de 1982

Francisco Fernández Rei

No que atinxe ó plano da fonética, a gheada e o seseo –os dous fenómenos máis relevantes da dialectoloxía galega- na letra da normativa validáronse en pé de igualdade coas pronuncias alternativas, pero realmente nunca se admitiron na fala culta, moi posiblemente pola forte influencia do modelo oral do castelán, que ata hai pouco era a lingua culta de Galicia. En defensores do chamado galego reintegrado, o modelo oral portugués peninsular fai que se acepte o seseo, pero que se rexeite totalmente a gheada, que non existe en portugués, cando no galego popular podehaber gheada sen seseo, pero non seseo sen gheada.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA (III): O galego e a súa consideración na romanística

Francisco Fernández Rei

Os partidarios de faceren converxer o galego co portugués esgrimen razóns fundamentalmente de carácter taxonómico (filolóxico), pois atenden á orixe das linguas e non ás circunstancias histórico-culturais e sociais, que son as que realmente poden definir unha lingua, mesmo no caso de linguas incuestionables, como é a portuguesa verbo da castelá.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (III): A codificación morfolóxica de 1982

Francisco Fernández Rei

Cando o galego estendeu a súa produción literaria e, sobre todo, cando se lle abriron funcións novas e se converteu nos anos 80 en materia de ensino regrado non podía continuar a inexistencia dunha codificación oficial máis ou menos flexible. Aproveitando a tradución do Misal, Ramón Piñeiro e outros membros da RAG acudiron ó ILG para propoñer a creación dunha comisión das dúas institucións para elaborar unha proposta normativa unitaria.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA (II): Galaico-portugués, galego-portugués ou galego antigo?

Francisco Fernández Rei

Os que consideran que o galego moderno non é lingua independente do portugués acoden a razóns historicistas e, en especial, á innegable orixe común e á primitiva unidade do galego co portugués, que ten a súa principal manifestación escrita no monumental corpus poético dos séculos XIII e primeira metade do XIV.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (II): O (in)tenso debate normativo na década de 1970

Francisco Fernández Rei

Despois de varios anos viuse que non se impuxera a proposta normativa do ILG, pero tampouco a da Academia, polo que ante a inminencia da entrada xeneralizada do galego no ensino e ante os atrancos que as distintas editoriais achaban, Xulián Maure, daquela responsable da editorial Anaya en Galicia (e logo primeiro director da Editorial Xerais), acudiu ó ILG para que actuase de anfitrión duns seminarios que clarexasen a situación e acabasen coas diverxencias existentes na procura dunha única norma.

A (RE)EMERXENCIA DA LINGUA GALEGA (I): Rexeneracionismo e reintegracionismo

Francisco Fernández Rei

Desde que a finais de 1974 me integrei no grupo de investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC e comecei a participar nas propostas de codificación do galego saídas dese Instituto e, sobre todo, desde que no curso 1977-78 empecei a impartir a materia de Lingüística Románica (e logo a de Sociolingüística Románica) moitas veces me tiven que enfrontar a esta pregunta: Existe ou non unha lingua galega moderna? Ou expresado doutra maneira: Que é hoxe o galego verbo do portugués? É a mesma lingua ou é diferente da lingua portuguesa? Tratarei de contestar esta pregunta, que non ten unha resposta doada.

A CODIFICACIÓN DO GALEGO LITERARIO (I): O ideal de lingua da RAG e do ILG en 1971

Francisco Fernández Rei

Ata a segunda metade do séc. XX ningunha institución nin ningunha individualidade propuxera un modelo lingüístico de referencia, o que explica que en ortografía e morfoloxía parece que en galego valía case todo, e en léxico todo e moito máis, se temos en conta as voces inventadas por moi diversos procedementos que se rexistran na historia do galego escrito contemporáneo.

DE RUADA: VIDA DUNHA BANDEIRA

Xosé A. Laxe Martiñán

Foi en abril de 1920; dous anos antes, Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, o gaiteiro Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla xuntáranse na casa deste último, “Villa Joaquina” (1), da ourensá avenida de Zamora coa intención de fundar un coro de voces mixtas que, acompañado dun grupo instrumental tradicional –gaita e tamboril- reinterpretase o noso folclore ao xeito do desaparecido coro Aires da Terra, de Pontevedra...

De Provincia a República

Anxo Angueira

Leo n´A nosa terra nova a columna “Un libro sen premio” asinada por Damián Villalaín e un compromiso non esquecido fura con renovado vigor para facer inaprazábeis estas palabras. O libro do que fala Villalaín é o de Justo G. Beramendi, De provincia a nación. A historia do galeguismo político, e o premio o concedido pola Asociación Galega de Editores.

Tríades en auxilio do monte do Seixo *

Elvira Riveiro Tobío

Cando Thomas Mann escribiu “A montaña máxica”, obra cimeira da narrativa do século XX publicada en 1924, sabemos que non tiña en mente a figura do Seixo, senón os cumes suízos a onde se habería de exiliar fuxindo do nazismo alemán.

TOLERANCIA CERO Vs. INTOLERANCIA

Xosé A. Laxe Martiñán

Chamarase, poñamos que Farid Lahbib. Mellor se ten a pel moura, o cabelo crecho e o sotaque que lle impón ao castelán a area, o granito e a broza dunha aldea do Atlas marroquí; será novo pero con fondos sucos na pel torrada: fala pouco, nunca mira fite. As mans do meu avó e ás veces fede ao saír do traballo.

Introdución á vida e á obra do crego liberal Don Juan Antonio Posse (1766-1854)

Xosé María Lema Suárez

Polo que nos conta na súa Historia biográfica, ó historia de la vida y hechos de Don Juan Antonio Posse, escrita por el mismo hasta el año 1834, Juan Antonio Posse Varela naceu en Soesto (Laxe) o 26 de decembro de 1766. Acábanse de cumprir, polo tanto, 240 anos do nacemento deste crego ilustrado e liberal que aínda non é valorado na Historia de Galicia como merece...

Líster, Ferrín e Hemingway

Xosé María Lema Suárez

Nas Xornadas “Enrique Líster: a longa viaxe dun home de Ameneiro”, tan ben organizadas pola Oliveira de Teo (parabéns a X.L. Santos Cabanas, a súa dona e demais organizadores), o venres día 13 X.L. Méndez Ferrín citou a mención a Líster que E. Hemingway fixo na súa novela “For whom the bell tolls”...

Xoguen, pero non é de balde

Xabier Cordal

Misterio nº1: España é a medida de todas as cousas.
-Axioma A: España é inmutable desde o século XV. Cuba é unha provincia española e antes de que Cuba sexa cubana pasaredes por riba do noso cadáver (ver prensa de 1898).
-Axioma B: Coma os nomes de Deus, España é impronunciable, é Una e ao mesmo tempo podemos intercambiala por calquera dos sinónimos da seguinte lista e por moitos máis (léase coma un mantra ou un rosario, o mesmo ten)

31 de marzo, BEC, na procura dunha primavera

Isaac Xubín

Durante a viaxe hai momentos nos que unha persoa pode chegar a pensar que as coincidencias que se cruzan no camiño son obra da mente desequilibrada dun ser superior ou sorte de destino que dirixe os nosos pasos. O sábado 31 de marzo foi un mozo a Barakaldo, digo entón, na procura dunha primavera que dicían que chegaba e reparou na posibilidade de facer o exercicio literario de camiñar cara o Centro Galego e comprobar nos papeis dos seus arquivos a lene sombra dunha cruz vermella que un fillo de puta riscou sobre as primeiras páxinas dun libro de relatos e que seica empeza a extenderse, outra vez contra a opinión, dende as mesas dos xuíces ou censores.

A maioría triste

Xosé A. Laxe Martiñán

Hai unha triste maioría na miña cidade que alenta, cuadrienio a cuadrienio, un sentimento de noitedume, de escuras miserias. A tal mantén, ignorante ou egoísta, fanada a esperanza ca que outra maioría só soña coutada e que unha minoría –y teniendo yo más vida tengo menos libertad?- alimenta: a de abandonar as pozas escuras con que o paro e a baixa natalidade, nomeadamente, poboa as enquisas coas que Hespaña e Europa nos lembra de a cada pouco, a xeito de aguillada na man dun Nemoroso cruel, a nosa dependencia inexcusábel da metrópole.

Dios!!!

X. Antón L. Dobao

Por aí arriba non paran de falar de Dios. E así o dicimos nós, en castelán, porque veu de fóra e a pesar das nosas arelas normatizadoras non deixará nunca de ser Dios. Non paran. Por cousa do perigo que hoxe, setenta anos despois, volve sufrir o espírito patriótico español, sempre tan levantado.

A Cultura non quere predios

Xosé A. Laxe Martiñán

A cultura non quere predios, quere liberdade e vento que a espalle polo mundo. Porque a Cultura non é de ninguén; é de todos. Porque a Cultura non se pode centralizar; a Cultura non se pode pechar nun lugar, por moi importante que sexa o arquitecto que elaborou o proxecto. A Cultura non se consome, non se vende; non queremos ir ao Gaias coma quen vai á Festa do Cocido.

A Cultural Dorna e a socialización do patrimonio marítimo (e poético) (e II)

Francisco Fernández Rei

A Cultural Dorna e a súa ENT son, sen ningunha dúbida, un dos activos máis importantes con que actualmente conta o movemento asociaciativo galego...

A Cultural Dorna e a socialización do patrimonio marítimo (e poético) (I)

Francisco Fernández Rei

En 1978 creouse na Illa da Arousa a Asociación Cultural e Deportiva Dorna para fomentar o asociacionismo xuvenil e cultural e desenvolver accións culturais e deportivas. Desde os seus comezos...

A volta dos nove

Anxo Angueira

Desde as tribunas en que habitan os sucesores ideolóxicos e políticos do franquismo (do fascismo español), sempre dotadas de moito racataprán e bafo de sacristía, non se tardou en disparar contra “o ano da memoria”, contra os xestos que neste 2006 os distintos gobernos de esquerda e nacionalistas tiveron cos mortos pola República, pola dignidade.

De supercherías literarias

Xosé Luís Méndez Ferrín

Desde que eu era un neno sentín decer que Shakespeare era unha invención literaria e que non hai ningunha proba de que tivese existencia real, a excepción –naturalmente– da súa Opera Omnia.





Tecedeira Escarlata

A Trabe de Ouro
Todos os seus artigos
Ana Mª Outón Barral
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Andreu Mas
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Antón Santamarina
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Antonio Gamoneda
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Anxo Angueira
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Anxos Sobriño
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Daniel Salgado
Todos os seus artigos
Darío Xohán Cabana
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Elvira Riveiro Tobío
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Francisco Fernández Rei
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Isaac Xubín
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Manuel Casal Lodeiro, 'Casdeiro'
Foto do Autor
Todos os seus artigos
María do Cebreiro
Foto do Autor
Todos os seus artigos
María Xosé Queizán
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Ricardo Castro
Todos os seus artigos
Rosa López
Foto do Autor
Todos os seus artigos
X. Antón L. Dobao
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Xabier Cordal
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Xosé A. Laxe Martiñán
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Xosé Luís Méndez Ferrín
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Xosé Luís Santos Cabanas
Foto do Autor
Todos os seus artigos
Xosé María Lema Suárez
Foto do Autor
Todos os seus artigos