
Normalización da lingua na Administración de xustiza
Neste breve artigo pretendo esbozar unha descrición do traballo de promoción do galego na Administración de xustiza, desde a perspectiva dos técnicos de lingua que traballamos nos órganos xudiciais. E digo adrede “técnicos de lingua” e non “técnicos de normalización lingüística” porque –a pesar de sermos departamentos que temos unha traxectoria máis ou menos longa– non realizamos propiamente labor de normalización lingüística, tal e como se entende na tripla vertente de asesoramento, formación e dinamización.