
O COMPLEXO LINGÜÍSTICO: E EU QUE PODO FACER?
Se cadra moitos de vós xa sabedes perfectamente a que me refiro con isto do ‘complexo lingüístico’, ben porque o sufristes nalgunha ocasión, ben porque llo vistes padecer a alguén. Outros quizais adoezades desta terrible enfermidade sen saber nin sequera que a tendes; e o máis grave das doenzas é que se non sabemos que a padecemos, non nos podemos tratar.