Á páxina de inicio das Redes Escarlata

Manifesto das Redes Escarlata

Somos un grupo de persoas que, unidos por unha preocupación común aínda que plural relativa ó pensamento e ó estado da cultura, despois de varias reunións de traballo, decidimos organizarnos e intervir como asociación socio-cultural asamblearia que aglutine a todos aqueles que compartan connosco unha visión crítica co abafante panorama que nos impón o presente.

Consideramos imprescindíbel para iso o formularmos a través dun manifesto as ideas básicas do noso proxecto, manifesto que hoxe queremos darlle a coñecer á opinión pública. Como se verá, as nosas posicións ideolóxicas parten duns principios xerais rexidos polo nacionalismo e a esquerda, principios xa de seu contestatarios nun contexto coma o actual en que medran e avanzan

Procuraremos desde o noso ámbito de actuación defender a dignidade do individuo e das multitudes, da sociedade e das culturas. Neste sentido, considerámonos continuadores do labor emprendido modernamente en desde as estructuras do poder a reacción españolista e os dogmas neoliberais. Galicia, desde os chamados Precursores, e que nós entendemos como un empeño inquebrantábel por devolverlle ó pobo galego a súa dignidade política e e a súa dignidade cultural.

Partindo destas premisas pretendemos elaborar un proxecto aberto e dinámico, nin excluínte nin dogmático. É por iso polo que o manifesto remata cun chamamento á adhesión e ó traballo, á resistencia activa, fronte a un mundo de cadeas. O obxectivo é, ó final, probabelmente ben simple: A LIBERDADE.

Compostela, 4 de maio de 2001

Actualizado: 19/11/2006 11:13

Logo Xunta

Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia.
Secretaría Xeral de Política Lingüística





bitácora escarlata
acción de ferreiro - celanova 29 agosto 2009
por Elisa
31/08/2010 20:33
Historias 12. David e os múltiplos resistencia vida e pensamento.
por Elisa
2010-08-20 02:52:46
Hiatorias 11. CLARO MELLOR DESCONTROLADAS QUE INSTITUCIONALIZADAS
por Elisa
2010-08-13 04:25:34